EconomíaEconomíaÚltima hora

Preséntase no Parlamento galego unha iniciativa popular que pide axudas directas para os produtores afectados pola seca

Presentábaa Unións Agrarias e está avalada por unhas 2.500 sinaturas, das cales 800 se recollían no oriente ourensán
Presentación das sinaturas necesarias para rexistrar esta iniciativa no Parlamento galego.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, vén de presentar na mañá do 15 de novembro unha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia para pedir axudas directas para os gandeiros, apicultores e agricultores afectados pola seca, especialmente no oriente ourensán, e polas xeadas en Ourense e Lugo. A iniciativa vai avalada por unhas 2.500 sinaturas, das cales en torno a 800 se recollían na parte oriental da provincia de Ourense.

García estaba acompañado polo portavoz socialista na Cámara galega, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen anunciaba que o seu grupo asumirá a presentación da Proposición non de Lei de Iniciativa Popular. Ademais referíase á iniciativa do sindicato por “ser capaz de asumir un procedemento participativo para volver traer a discusión ao Parlamento co apoio dunha parte moi importante de afectados por esta problemática”.

Dende Unións Agrarias tamén se adianta que se manterán reunións cos grupos parlamentarios de En Marea e do BNG para que tamén recollan esta iniciativa e a leven a debate no Parlamento galego.

Xoaquín Leiceaga e Roberto García, atendendo aos medios.

Artigos relacionados

Back to top button