CulturaCulturaÚltima hora

Preséntase o fotolibro de Lois Cid, gañador do IX Premio Galicia de Fotografía Contemporánea

 

A Photo Art Gallery de Ourense era o lugar escollido para a presentación do libro ‘Estruturas de fusión, IX Premio Galicia de Fotografía Contemporánea’ que recolle as imaxes do proxecto fotográfico homónimo que se ergueu co recoñecemento do xurado do Premio galego. No acto, ademáis de Lois Cid, estiveron presentes os organizadores e editores Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves (a través de vídeo conferencia), e o de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo.

O Premio Galicia de Fotografía Contemporánea lanza así o seu décimo libro nos seus nove anos de existencia. O certame naceu ao abeiro do festival Outono Fotográfico co obxectivo de situar a  Galicia no circuíto internacional da fotografía e de promover nesta disciplina novas creacións na linguaxe visual contemporánea. Co proxecto gañador, en cada edición prodúcese unha exposición que itinera durante dous anos e editase un libro.

 

 

‘Estruturas de fusión’ é un proxecto que se mergulla nos espazos en construción como se fosen un xacemento arqueolóxico para analizar os resíduos que fican despois do levantamento dun edificio, relacionándoos cos entullos xerados polo derrube de antigas construcións. Nel Lois Cid traballa sobre os conceptos ligados á temporalidade, a inestabilidade e a disfuncionalidade, para, deste xeito tornar os procesos de construción e colapso nunha mesma entidade difícil de diferenciar.

Trátase dun proxecto que indaga nos espazos en construción como se fosen un xacemento arqueolóxico para analisar os resíduos que fican despois do levantamento dun edificio, relacionándoos cos entullos xerados polo derrube de antigas construcións. Lois Cid traballa sobre os conceptos ligados á temporalidade, á inestabilidade e á disfuncionalidade. Deste xeito torna os procesos de construción e colapso nunha mesma entidade difícil de diferenciar.

O libro pode adquirirse na web de Difusora de Letras, Artes e Ideas e Ideas e en librarías especializadas.

 

Artigos relacionados

Back to top button