DeportesÚltima hora

Presenza valdeorresa no Descenso Internacional de Boticas, en Portugal

 

Na fin de semana do  6 e 7 de maio celebrábase en Boticas a Taça de Portugal Downhill, proba de descenso de C1 no calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI) que reuniu a máis de 200 riders, oriundos de preto dunha decena de países, entre eles dous valdeorreses, Juan Fernández do Barco e Javier Fernández da Rúa.

A carreira, pertencente ao campionato portugués de descenso, tiña como escenario unha pista de 2,1 quilómetros cun desnivel de 300 metros. Comezaba o sábado coa xornada de adestramentos, e a competición concentrábase no domingo coa quenda de clasificación e a final, onde o xove corredor do Barco lograba un meritorio noveno posto na categoría Júnior tras unha baixada con algún pequeno erro.

O rider rues pola súa banda sufría unha avaría mecánica. Competía en elite masculino e soltábaselle a cadea nada máis saír quedando finalmente no posto 44. A seguinte cita será no descenso de Cabreiroá, en Verín, organizado polo seu club o Bicicletas Chinquena Racing Team en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo.

 

Artigos relacionados

Back to top button