EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Prestixiosos prescritores españois, nos seminarios de viños con selo de Galicia Calidade

Estas accións contan coa colaboración das adegas amparadas por este marchamo, que no caso da D.O. Valdeorras son Ruchel, A Coroa e Terriña Adegas e Viñedos

Cedida.

 

Un total de 21 dos máis prestixiosos prescritores de viño de toda España participan nos seminarios en formato semipresencial que imparten os divulgadores Luís & Alejandro Paadín, pai e fillo, autores da “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia”. Nestas accións, que se desenvolverán nas próximas semanas participarán catadores, xornalistas, distribuidores, formadores e blogueiros, todos eles acreditados profesionais que chegan a miles de persoas, ben a través das redes sociais ou no seu quefacer diario recomendando persoalmente viños aos seus clientes, consumidores e seguidores.

Estes seminarios, que contan coa colaboración de todas as adegas de Galicia Calidade, son unha maneira de dar a coñecer a enorme diversidade de Galicia no seu conxunto, sen poñer o acento nunha soa marca, adega ou denominación. Cada un deles terá unha duración aproximada de dúas horas e seguirá unha metodoloxía onde se explican os 2000 anos de historia do viño en Galicia, as súas máis de 70 variedades ancestrais de uvas e orixes, os chans e climas que configuran as 5 DD. OO.; e todo o exposto vese reflectido na posterior cata de viños onde se aprecian as diferenzas das procedencias, variedades, vales e elaboracións. Isto é ver unha paisaxe dentro de cada botella.

Prescritores participantes

A marca Galicia Calidade

A marca Galicia Calidade distingue desde 1996 os produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción, merezan esta distinción, unha vez contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control. Deste xeito, ten contribuído a impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados máis esixentes ao transmitir confianza e seguridade aos consumidores.

Na actualidade, o selo Galicia Calidade está en máis de 300 produtos e servizos de máis de 140 empresas galegas. No sector do viño a marca conta con 18 adegas das cinco D.Ou Galegas.

Adegas participantes Asociadas a Galicia Calidade

D.O. Valdeorras: Adega A Coroa – Bodegas Ruchel – Terriña Adegas e Viñedos

D.O. Monterrei: Gargalo – Quinta do Buble

D.O. Ribeira Sacra: Adegas Regina Viarum – Finca Míllara – Vía Romana

D.O. Ribeiro: Bodegas Nairoa – Viña Costeira

D.O. Rías Baixas: Adega Eidos – Adega Valdés – Adegas Altos de Torona – Adegas e Viñedos Paco & Lola – Adegas Terra de Asorei – Granbazán – Señorío de Rubiós – Vilarvín

Artigos relacionados

Back to top button