En portadaÚltima hora

Presumido chega este venres ao Barco

O dúo formado polo barquense Tarci Ávila e o vigués Nacho Dafonte presenta o seu primeiro disco na Sala Baranda
Cartaz promocional da xira de "Vendetta".
Cartaz promocional da xira de “Vendetta”.

Como unha ponte  entre a música electrónica do pasado e a do presente, se presenta Presumido, un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila (O Barco de Valdeorras) e Nacho Dafonte (Vigo) integrantes e ex-integrantes de Aerolíneas Federales, Eladio y los Seres Queridos, The Blows, Villanueva, Igloo…

Calificado pola prensa especializada como “os Depeche Mode ou Kraftwerk españois”, o dúo continúa coa primera fase da xira de presentación do seu primeiro LP “Vendetta”, que chega este venres 18 de novembro á Sala Baranda, no Barco de Valdeorras.

Baseda no pop electrónico dos 80 e “retorcido coas máis contemporáneas e irreverentes influenzas da música electrónica actual”, segundo explican dende a banda, a proposta estará aderezada no directo cun chamativo espectáculo de luces visuais construído artesanalmente por eles mesmos, “unha montaña rusa de sentimientos e emocións”, que promete facer as delicias dos amantes da música e al arte chea de matices.

Trala súa recente incorporación ás filas de Music Bus (axencia de  grupos como Love of lesbian ou Mojinos Escozíos), Presumido anuncia á saída do disco para o 20 de xaneiro de 2017.

 

Artigos relacionados

Back to top button