ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 120 valdeorreses viaxan a Compostela a prol do Camiño de Inverno

A  viaxe foi organizada para celebrar a oficialización da ruta que entra en Galicia por Valdeorras

Da Rúa, O Barco de Valdeorras, Petín, Vilamartín de Valdeorras, Rubiá,… Preto de 120 persoas de diferentes concellos da comarca, viaxaban na xornada do domingo 18 de setembro ata Santiago de Compostela. O motivo,  situar a Valdeorras no mapa xacobeo do Camiño de Inverno.

Co despustar da mañá, dous autobuses con algo máis de cen persoas (entre elas a alcaldesa da Rúa María González, o alcalde de Petín Miguel Bautista e a concelleira de Turismo do Barco Irene Dacal), facían parada na praza do Concello da Rúa. Dende alí partían rumbo á Catedral de Santiado onde se xuntaban cos peregrinos que levaban xa uns días facendo a ruta dende Ponferrada. Trala asistencia á Misa do Peregrino e visita guiada, os participantes nesta xornada organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras e os concellos da comarca, compartían un xantar en San Martín Pinario, antes de regresar a casa.

Esta é a primeira actividade promocional conxunta dende a oficialización co Camiño de Inverno como ruta xacobea.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button