DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Preto de 150 ciclistas percorren A Rúa na VII Ruta BTT Jabalíes

Un ano máis a saída, meta e xantar están situados na área recreativa do Aguillón

Moi activa está sendo a a fin de semana na Rúa. A actividade comezaba xa o venres pola noite cunha cea popular na rúa Doutor Vila e continuaba o sábado coa clausura da primeira quenda do campus de fútbol no Aguillon pola mañá e o desfile do CarnaVrao de San Cristóbal pola tarde.

E xa o domingo pola mañá tocáballe o turno ao ciclismo, concretamente de montaña, da man do Club Jabalíes da BTT da Rúa que organzaban a VII edición da súa ruta polo municipio, coa colaboración do Concello e Protección Civil A Rúa e Manzaneda, entre outros.

Preto de 150 ciclistas (procedentes principalmente de Valdeorras, Ponferrada, Monforte e Amoeiro) reuníanse ás 9:30h. do 8 de xullo no Aguillón, diante do pavillón de deportes, para comezar a ruta duns 48 km. (un corte de 28 para os menos ousados) que os levou pola beira do río ata o campo de San Roque, de aí ata o centro da Rúa Vella, Vilela, Roblido e Alvaredos, para regresar de novo ao punto de partida onde terá lugar o xantar.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button