Ourense

Preto de 200.000 euros para reformar nove escolas infantís Galiña Azul na provincia

O investimento faino a Consellería de Política Social a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Un momento da visita que a delegada da Xunta en Ourense fixo á Galiña Azul de Barrocás.
Un momento da visita que a delegada da Xunta en Ourense fixo á Galiña Azul de Barrocás.

Nove escolas infantís da rede Galiña Azul da Xunta someteranse a actuacións de mellora e reforma valoradas nuns 200.000 euros. Así o anunciou a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, durante a visita que realizou a un dos centros beneficiados por este plan de obras, a escola infantil do barrio de Barrocás, na cidade das Burgas.

O investimento faino a Consellería de Política Social a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. No caso da escola infantil de Barrocás, a cantidade será de 60.000 euros e permitirá remodelar o interior do edificio por completo. Esta Galiña Azul conta con 91 prazas e 15 traballadores.

As obras acometeranse tras o peche do curso, para aproveitar as aulas baleiras do mes de agosto.

Artigos relacionados

Back to top button