Na mañá do domingo 30 de abril o Servizo de Información Turística do Bolo atendía a preto de 200 persoas da Asociación Galega de Autocaravanas.
Tal como explica unha das guías, estiveron ensinando todos os recursos turísticos deste concello xa que moitos autocaravanistas usan estas visitas para coñecer lugares e despois volver con máis tempo, con paradas no Santuario das Ermitas, o Museo Yosso e o castelo medieval, no Bolo.
Dende o Servizo de Información Turística dan as grazas a “Protección Civil do Bolo pola axuda e ao Concello da Veiga por poñernos con en contacto con esta asociación para poder ofrecerlle os nosos recursos naturais e turísticos”.

Fotos cedidos.