EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Preto de 250 persoas asisten a cea popular que abre a Festa das Neves en Manzaneda

 

Como cada mes de agosto Manzaneda vive esta primeira fin de semana as festas patronais na honra á Virxe das Neves, cun programa que se abría cunha multitudinaria cea. En torno ás 235 persoas asistían na noite do venres día 4 á festa Ibicenca onde vestidos de branco e nalgúns casos con diademas de flores mozos e maiores desfrutaban dunha exquisita paella ademais de empanada, Bica de Manzaneda, bebida, postre e café, servido por Mantesil. De seguido arrancaba a actuación de SkaloPndras banda formada por 9 músicos de Manzaneda e arredores, seguidos de YOU Diéguez, encargado de prolongar a festa ata ben entrada a madrugada.

 

 

A festa continúa hoxe, sábado 5 de agosto, con pasarrúas e sesión vermú a cargo do grupo de gaitas local Os Bertolini, e misa solemne cantada polo Orfeón Trivés. O baile en sesión de tarde e verbena correrá a cargo da orquestra Costa Dorada, que dará paso a unha nova sesión de música disco ininterrompida a cargo de DJ Tariro.

 

 

Mañá domingo 6 de agosto, derradeiro día das festas, haberá  pasarrúas pola mañá a cargo da charanga TDB (Terras do Bibei). Para as 12 horas está prevista a procesión coa imaxe das Virxe das Neves, xunto a outras imaxes que se conservan na igrexa parroquial, seguida pola eucaristía que de novo será cantada polo Orfeón Trives.

Ese último día de festas o baile estará amenizado pola orquestra Nueva Fuerza que achegará os sons máis refrescantes e animados do verán, en sesión de tarde e verbena. O broche ao programa poráo unha nova sesión disco a cargo do DJ Cabra.

 

 

O apartado deportivo xira un ano máis en torno ao Torneo de Fútbol Sala Vila de Manzaneda con 15 equipos competindo no pavillón que rematará mañá. Como en cada edición haberá premios para o campión, segundo e terceiro clasificado, que poderán variar en función da cantidade de equipos que participen, así como trofeo á deportividade, ao mellor xogador e ao mellor porteiro.

 

 

 

Fotos e  vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button