DeportesÚltima hora

Preto de 300 deportistas participarán o domingo no XIV Ciclocross Castelo de Maceda

Entre os corredores que se darán cita na proba figuran coñecidos ourensáns como Iván Feijóo, Saúl López ou Noela Sáa

Presentación do XIV Ciclocross Castelo de Maceda.

 

A competición de ciclismo volve esta fin de semana á provincia de Ourense. Preto de 300 deportistas procedentes de toda Galicia participarán o domingo, día 26 de decembro, no XIV Ciclocross Castelo de Maceda, proba pertencente á Copa Deputación e incluída no campionato galego desta modalidade.

Na presente edición desta proba participarán deportistas de 14 categorías, desde cadete ata máster 60 e mesmo a máis alta, elite, tanto en masculino como en feminino. Desde as nove e media da mañá e durante case seis horas, os corredores terán que facer fronte a un circuíto de 2.700 metros de lonxitude habilitado en torno ao castelo e con diverso firme, tanto terra, herba como asfalto, e onde a principal dificultade estará no barro como consecuencia das chuvias destes días, sinalan desde o Club Ciclista de Maceda como organizador da carreira.

 

 

Entre os corredores que se darán cita na proba figuran coñecidos ourensáns como Iván Feijóo, Saúl López ou Rubén Deaño, así como Noela Sáa ou Andrea García en categoría feminina.

A carreira era presentada esta mañá en Ourense coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Maceda, Ruben Quintas; e os presidentes do Club Ciclista de Maceda e da Federación Galega, Xulio Conde e Carlos Muñiz.

Artigos relacionados

Back to top button