Un total de 36 rapaces de diferentes idades comezaban na mañá deste luns 23 de decembro, unha nova edición do VilaNadal, o campamento de Nadal que se celebrará ata o 3 de xaneiro no Pavillón Municipal do Bañadoiro, en horario de 10 a 14 horas.
O Winter Camp ’24 que contará con todo tipo de actividades navideñas, veladas, scape room, paintball, hinchábeis xigantes, humor amarelo, camas elásticas, fut burbullas, karts a pedais e moitas outras cousas, “mantendo toda a esencia dos nosos campamentos de sempre”, indican dende a organización, tanto no pavillón coma nos diferentes espazos da área recreativa.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.