CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Preto de 50 cativos asistirán a esta edición do campus de verán do CD Rúa

 

Na mañá do luns 1 de xullo arrincaba no campo de fútbol Vicente Solarat Maceda a VII edición do Campus de fútbol de verán do CD Rúa polo que pasarán un total de 48 cativos nas tres quendas previstas (do 1 ao 5, do 8 ao 12 e do 15 ao 19 de xullo) con numerosas actividades e sorpresas.

 

 

Coa colaboración do Concello da Rúa e da Deputación de Ourense os cativos divididos en grupos de idade xogan e aprenden técnica e táctica de fútbol, participando en actividades na piscina municipal e tendo ademais a oportunidade de aprender o xogo da petanca e participar nun torneo de 3×3 por categorías. Tamén recibirán a visita de deportistas como Xiana Pungín ou Breo López Baptista e, un ano máis asistirán a un taller de formación de Primeiros Auxilios e RCP, entre outras actividades.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button