ConcellosEn portadaLaroucoÚltima horaVídeos

Preto de 500 persoas asisten á XVI Festa do Cordeiro de Larouco

 

A gastronomía e a música foron un ano máis os protagonistas da Festa do Cordeiro de Larouco que neste 2023 recuperaba o seu horario e data orixinais celebrando neste sábado 6 de maio a XVI edición.

 

 

Despois do parón da pandemia e o cambio de data e hora do ano pasado (celebrábase de noite e no mes de xuño), no mediodía de hoxe tiña lugar no pavillón municipal o tradicional xantar, servido por Mantesil, cun menú a base de entremeses, empanada, cordeiro con ensalada, postre, café e chupitos. Un menú que degustaban un total de 490 persoas.

 

 

Xunto á gastronomía, a música é outro dos factores a ter en conta nesta xuntanza popular que nesta ocasión contou con animación a cargo da Asociación Musical CLK Charanga, da Asociación Cultural Os Bertolini de Manzaneda e da A.C. A Caniceira da Pobra de Trives que tamén tocaron polos bares do pobo.

 

 

Nesta ocasión, o pavillón acollía ademais varios estands con produtos locais: un do Concello, outro da Cova da Xabreira, outro da Adega 5Gs e outro da Panadería O Noso Capricho de Larouco.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button