EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Preto de 600 persoas participaban na “Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras”

Ata 150 visitantes chegaron á comarca nos buses procedentes de diferentes cidades

 

Un total de 578 persoas, un 28% máis con respecto a 2022, achegábase a Valdeorras a pasada fin de semana para gozar da “Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño”. Fixérono a través dos “buses do viño” postos en marcha pola organización da iniciativa e tamén facendo uso dos seus vehículos privados.

Tan só o acto inaugural, celebrado o venres 5 de maio pola tarde no Hotel Pazo do Castro do Barco, congregou a máis de 80 asistentes. Xunto a isto, gozaron dos menús e da oferta hostaleira da comarca un total de 56 persoas no marco das xornadas.

“Estamos satisfeitos cos datos, sobre todo tendo en conta a dificultade que supón o feito de ser a primeira da rutas do viño galegas en abrir as súas portas neste 2023. Isto supuxo menos tempo para organizar accións e comunicalas”, destacou o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez.

“Ademais, o tempo meteorolóxico non nos acompañou durante a mañá do sábado e, con todo, a afluencia prevista ás diferentes actividades non se resentiu especialmente”, engadía.

Do total de visitantes, case unha cuarta parte desprazouse ata a comarca nos buses que tanto na xornada do sábado como na do domingo partiron de diferentes cidades galegas e tamén da veciña provincia de León. Así, 150 persoas chegaron a Valdeorras nos denominados “buses do viño”.

Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button