EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

Preto de 700 persoas asisten á XIX Festa da Soá, na Veiga

 

En torno á mesa remataba o Martes de Entroido na Veiga. No mediodía deste 4 de marzo e tralo desfile de folións e compartes celebrábase a XIX Festa da Soá. Unha cita gastronómica que reunía no pavillón polideportivo municipal a preto de 700 persoas.

A maioría eran os participantes no desfile, pero tamén había veciños da localidade doutros puntos da comarca, como O Barco, A Rúa ou Viana do Bolo.

 

 

Ao ritmo da música e trala entrada triunfal dos Charrelos, o xantar elaborado e servido unha vez máis por Mantesil, comezaba coa sopa e de seguido o prato estrela: soá con patacas, garavanzos, chourizo e verdura.

O Entrudio da Veiga pecharase o vindeiro sábado 8 de marzo cunha nova Xuntanza de Fulións, organizada pola Asociación Cultural Son de Trevinca.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button