ConcellosEconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Preto dun cento de camiñantes completan a primeira etapa polo Camiño de Inverno 2018/2019

Percorreron os 21 quilómetros entre Ponferrada e Borrenes na mañá do 7 de outubro

O albergue de peregrinos de Ponferrada foi un ano máis o punto de partida para a I etapa polo Camiño de Inverno organizada pola asociación do Bierzo.

Alí se reunían ás nove da mañá do 7 de outubro, as máis de 90 persoas (a maioría do Bierzo aínda que tamén había algún de Valdeorras) que completaron os 21 quilómetros entre Ponferrada e Borrenes, desfrutando da paisaxe e de monumentos destacados como o Castelo de Cornatel.

Coma sempre, o final de etapa tiña como recompensa un xantar, desta volta arroz con botillo, que degustaron na casa rural Cornatel-Las Médulas.

A II etapa polo Camiño de Inverno de Borrenes a Puente de Domingo Flórez, está prevista para final de mes, o sábado 27 de outubro. 18 quilómetros con final no Hotel Restarante La Torre onde xantarán un menú Peregrino, con primeiro e segundo prato, postre e café.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button