DeportesÚltima hora

Preto dun cento de participantes na 3ª xornada da Copa Deputación de Atletismo, no Barco

 

As pistas de atletismo de Calabagueiros (O Barco) acollían a partir das 16h. desta tarde a 3ª Xornada da XL Copa Deputación Ourense. Case un cento de atletas valdeorreses, das Escolas Deportivas de Trives e taméns algúns ourensáns participaban nesta cita que incluía para as categorías base: Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18.

 

 

O programa deportivo iniciábanse con competicións de 150 m, altura, pelota e lonxitude. Despois viñan máis carreiras de diferentes distancias, lanzamentos de xavelina, salto de lonxitude, etc.

A proba está sendo organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) co apoio da Deputación de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button