CulturaCulturaÚltima hora

“Primaverarte”, unha mostra con pegada valdeorresa en Cambados

 

Ata mediados de xuño poderá visitarse no Pazo Torrado de Cambados unha nova edición da exposición colectiva “Astsorey”. Baixo o título de “Primaverarte”, supón unha celebración da primavera, pero tamén da posibilidade de “volver de xuntarnos de novo amigos e artistas e celebrar a normalidade”, conta o valdeorrés Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”, comisario da mostra xunto a Domingo Tabuyo.

“Primaverarte”, que se inauguraba o pasado venres, reúne as obras dunha vintena de artistas de diferentes puntos de España e diversas disciplinas, que van dende a escultura e a fotografía ao gravado ou a pintura.

Nela poden verse obra de creadores valdeorreses como Rafa Yáñez (fotografía), Pablo Framiñán (pintura), Acevedo (fotografía) e o propio Chere (escultura e pintura).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button