SanidadeÚltima hora

Primeira cesárea con acompañante, no Hospital Universitario de Ourense

Á Área Sanitaria ourensá vén de aprobar o protocolo multidisciplinar que posibilita o acompañamento durante a cesárea de quen a nai decida nos tres hospitais de Ourense, Valdeorras e Verín

 

O Hospital Universitario de Ourense vén de acoller o primeiro nacemento vía cesárea programada, na que a nai estivo acompañada en quirófano pola súa parella, “medida que aporta beneficios para os pais-nais e recén nados, fomentando o apego, a lactación materna e o contacto pel con pel, ademáis de apoio emocional”, segundo destacan dende a área sanitaria ourens´.

Así Wesley pudo acompañar á súa parella, Fernanda, durante o nacemento do seu segundo fillo no que, a diferenza do primeiro, ambos viviron xuntos un dos momentos máis importantes da súa vida, “estiven moi feliz porque el estaba alí, deume moita seguridade e saíu todo moi ben. Unha moi boa experiencia para os dous”, di. Wesley confírmao e subliña que “estaba un pouco nervioso, pero moi contento de acompañala e ver o nacemento do noso fillo”. Residentes desde hai uns anos en Allariz, ambos proceden de Goiás en Brasil.

Esta iniciativa forma parte dun traballo multidisciplinar, promovido desde a dirección da Área Sanitaria e liderado polo Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, que permitiu poñer en marcha un novo protocolo de acompañamento durante ás cesareas nos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, e aprobado por todos os colectivos profesionais implicados nestes procedementos, desde xinecoloxía, a anestesia e reanimación e pediatría, ademais da supervisión de partos, matronas, a dirección de enfermería e a de procesos asistenciais.

Acompañamento continuado nai-fillo

“O obxectivo principal do novo protocolo é posibilitar o acompañamento de quen a nai decida durante todo o proceso, tamén cando o parto requira cesárea programada, non urxente, facilitando así que o acompañante participe tamén do contacto pel con pel nai fillo”, destacan dende a área sanitaria.

O acompañamento continuado nai e fillo xa estaba implantado en Ourense desde hai anos, tanto nos partos vaxinais como nas cesáreas, incluso nos casos nos que a nai debía acudir a unidade post-anestésica (espertar). “Ademais, cando a atención da nai non permite este contacto continuado, ou require de anestesia xeral, facilitase o contacto pel con pel do neno co acompañante, o que agora será máis inmediato ao estar xa en quirófano, co evidente beneficio cara ao apego e a tranquilidade do recén nado”, engaden dende área sanitaria ourensá.

O novo documento garante a “seguridade e cumprimento dos estritos protocolos anestésico-cirúrxicos no quirófano, procurando unha vía de acceso regrada para os acompañantes e nais que desexen facelo, sempre de xeito coordinado por todo o equipo cirúrxico que interveña no proceso, xa que non se aconsella en caso de cesáreas urxentes ou de risco nas que se prevean complicacións importantes”, matizan dende Sanidade.

Segundo as estimacións do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia está previsto que podan acollerse a esta posibilidade de acompañamento ao redor de 230 parellas, dacordo co histórico de cesáreas programadas atendidas nos tres

Artigos relacionados

Back to top button