CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

Primeira vitoria da tempada para o CD Trives, pola mínima ante o Pabellón Ourense CF

Co 1-0 remataba o partido da cuarta xornada da Terceira Furgal disputado no campo do Teso, en Castro Caldelas

 

Debido ás obras no vestiario do campo de fúbtol O Agro, o CD Trives ten que xogar os partidos como local no veciño campo do Teso, en Castro Caldelas. E aí era onde lograba a primeira vitoria da tempada ante o Pabellón Ourense CF.

 

CD Trives.

 

Tras dúas derrotas e un empate, os triveses saltaban ao terreo de xogo distpostos a gañar, sendo eles os primeiros en anotar, grazas o tiro de Brais no minuto 11. Houbo algunha oportunidade máis pero o marcador non se movía e pasados os noventa minutos reglamentarios, a cuarta xornada da Terceira Futgal remataba co 1-0 para os triveses.

 

Pabellón Ourense CF.

 

Con este resultado e a falta de que se xoguen o resto de partidos, o CD Trives suma catro puntos situándose no 8º posto da clasificación. A seguinte xornada viaxarán ata A Costoira para enfrontarse ao CD Moreiras.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button