ConcellosO BarcoÚltima hora

Primeiro pleno da nova Corporación do Barco para sortear aos membros das mesas electorais do 23X

 

A nova Corporación municipal do Barco, constituída o pasado 17 de xuño, celebraba ás 13:30h. deste luns 26 de xuño a súa primeira sesión plenaria. Sobre a mesa un único punto na orde do día: o sorteo para elixir a presidente e vogais das mesas electorais do Concello do Barco de cara ás vindeiras eleccións xerais do 23 de xullo.

En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios (as mesmas que nos anteriores), situadas no Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira.

No sorteo saían os nomes dos tres membros da mesa (presidente, primeiro vogal e segundo vogal), máis os de dous suplentes por cada un deles, para, se fose necesario, poder substituír a esas persoas.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button