A RúaConcellosÚltima hora

Primeiros pasos para a creación do mural sobre o Camiño de Inverno na Rúa

 

Primeiro foi no Barco e agora na Rúa. Proximamente, todo aquel que acceda á Rúa pola avenida de Somoza (unha das principais entradas á vila), atoparase cun mural de grandes dimensións adicado ao Camiño de Inverno. Unha das iniciativas incluídas no proxecto de promoción incluído no Programa AEVAempregaTE, promovido pola Asociación Empresarial de Valdeorras e financiado pola Deputación de Ourense.

Tal como explica o artista, Juan Carlos Abraldes, o debuxo xirará en torno ao Camiño, centrado na figura dos peregrinos, pero tamén á cultura vitivinícola coa imaxe do Deus Baco, pero de momento unicamente perfilou as cuadrículas sobre as que comezará a debuxar na vindeira semana. “Normalmente non o fago pero nun mural destas características faise necesario”, di Juan Carlos, adiantando que o debuxo en si levaralle unhas dúas semanas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button