EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Proba piloto do servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais recursos turísticos da Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra plantexa esta iniciativa medida para evitar os habituais problemas de estacionamento en embarcadoiros, mosteiros ou áreas de ocio con elevada afluencia de visitantes, como a Praia da Cova

Foto: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

 

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de informar da posta en marcha neste verán da proba piloto do servizo de transporte en microbús lanzadeira aos principais recursos do destino, como medida para evitar os habituais problemas de estacionamento en embarcadoiros, mosteiros ou áreas de ocio con elevada afluencia de visitantes, como a Praia da Cova.

Recentemente, o organismo recibiu o Plan de Acción do Plan de Mobilidade (PMS) Sostible Ribeira Sacra (PMS), o cal, entre outras cuestións, recolle as problemáticas habituais que experimenta o destino en tempada alta en determinados recursos, como son os embarcadoiros, mosteiros ou outras zonas de ocio, como a Praia da Cova. A tal efecto, o documento contempla como posibles solucións a implantación de novos servizos de transporte turístico colectivo ou o trasvase modal de acceso a embarcadoiros (lanzadeiras).

Con isto, e “tendo en conta as consideracións do equipo experto responsable da elaboración do PMS”, o Consorcio de Turismo pon en marcha unha proba piloto deste servizo de lanzadeiras en 5 puntos do territorio que rexistran unha elevada afluencia de visitantes e tránsito de vehículos na tempada estival, adianta esta entidade.

Os 5 novos servizos funcionarán gratuitamente todos os días entre o 15 de xullo e o 30 de agosto*. Esta periodicidade permitirá analizar o funcionamento do servizo nas semanas máis fortes en afluencia do ano. Cos resultados acadados e os axustes que sexan precisos, levaríase a cabo a organización e/ou contratación dos servizos lanzadeiras de cara aos períodos de tempada alta do ano 2024.

*(agás o do mosteiro de Santo Estevo, que o fará tamén a fin de semana do 8 e 9 de xullo).

Do mesmo xeito, os horarios plantexados para este verán 2023 son unha proposta de frecuencias para avaliar o nivel e picos de demanda do servizo, de tal xeito que estes poden sufrir variacións ao longo da tempada en función da demanda real de prazas.

A capacidade do transporte variará dependendo do percorrido a realizar, entre as 16 e 30 prazas por traxecto. Póñense así a disposición máis de 1.200 prazas nas lanzadeiras para intentar desconxestionar de vehículos as áreas de maior afluencia de visitantes e problemáticas para o estacionamento.

Os itinerarios das lanzadeiras serán os seguintes:

Monforte de Lemos – Embarcadoiro de Belesar | 28 prazas
Monforte de Lemos – Doade (pobo) – Embarcadoiro de Ponte do Sil | 28 prazas
Escairón – Belesar – Praia da Cova | 16 prazas
Castro Caldelas – Abeleda (pobo) – Embarcadoiro de Abeleda | 29 prazas
Lanzadeira ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil | 19 prazas
Estas 5 lanzadeiras súmanse á do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, posta en funcionamento no verán do 2021, tamén no marco do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

Dende hoxe, é posible a reserva previa de prazas en todos os servizos de lanzadeira, agás no do mosteiro de Santo Estevo, onde non será precisa e no mosteiro de Santa Cristina, no que as sas reserve atopan abertas dende comezos do verán.

Ligazón para as reservas (ata 1 hora antes da saída): https://turismo.ribeirasacra.org/es/reservas | https://turismo.ribeirasacra.org/lanzadeiras-ribeira-sacra-2023

Máis información: turismo@ribeirasacra.org | 638 823 592 (10:00 a 18:00 h)

Os servizos de lanzadeiras son cofinanciadas pola Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, con cargo á partida de Mobilidade Sostible do Plan de Sostibilidade Turística en Ribeira Sacra.

TÁBOA DE HORARIOS DAS LANZADEIRAS EN RIBEIRA SACRA – VERÁN 2023

LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS – DOADE – EMBARCADOIRO PONTE DO SIL

IDA (Monforte de Lemos – Doade – Ponte do Sil):
– Saídas dende Monforte de Lemos: 9:55, 12:10, 14:55, 16:25, 17:35, 18:55.
– PARADAS intermedias en Doade (pobo): 10:20, 12:35, 15:20, 16:50, 18:00, 19:20.
– Chegadas a Ponte do Sil: 10:30, 13:30, 15:30, 17:00, 18:10, 19:30.

VOLTA (Ponte do Sil – Doade – Monforte de Lemos):
– Saídas dende embarcadoiro Ponte do Sil: 10:30, 13:30, 15:30, 17:00, 18:10, 19:30.
– PARADAS intermedias en Doade: 10:40, 13:40, 15:40, 17:10, 18:20, 19:40.
– Chegadas a Monforte de Lemos: 11:05, 14:05, 16:05, 17:35, 18:45, 20:05.

LANZADEIRA MONFORTE DE LEMOS – EMBARCADOIRO DE BELESAR

IDA (Monforte de Lemos – Belesar):
– Saídas dende Monforte de Lemos: 10:20, 15:20, 17:50
– Chegadas a Belesar: 11:00, 16:00, 18:30.

VOLTA (Belesar – Monforte de Lemos):
– Saídas desde embarcadoiro Belesar: 13:30, 18:30, 21:00.
-Chegadas a Monforte de Lemos: 14:10, 19:10, 21:40.

LANZADEIRA CASTRO CALDELAS – ABELEDA – EMBARCADOIRO ABELEDA

IDA (Castro Caldelas – Abeleda – Embarcadoiro Abeleda):
– Saídas dende Castro Caldelas: 10:10, 12:25, 13:10, 14:40, 15:20, 16:40, 17:25, 18:05, 19:10, 19:50
– PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:25, 12:40, 13:25, 14:55, 15:35, 16:55, 17:40, 18:20, 19:25, 20:05.
– Chegadas a embarcadoiro Abeleda: 10:30, 12:45, 13:30, 15:00, 15:40, 17:00, 17:45, 18:25, 19:30, 20:10.

VOLTA (Embarcadoiro Abeleda – Abeleda – Castro Caldelas):
– Saídas dende embarcadoiro Abeleda: 10:30, 12:45, 13:30, 15:00
15:40, 17:00, 17:45, 18:25, 19:30, 20:10.
– PARADAS intermedias en Abeleda (pobo): 10:40, 12:50, 13:35, 15:05, 15:45, 17:05, 17:50, 18:30, 19:35, 20:15.
– Chegadas a Castro Caldelas: 10:50, 13:05, 13:50, 15:20, 16:00, 17:20, 18:05, 18:45, 19:50, 20:30.

LANZADEIRA ESCAIRÓN – BELESAR – PRAIA DA COVA

IDA | Escairón – Belesar: 10:45, 15:45
IDA | Escairón – Arxeriz – Praia da Cova: 11:30, 12:30, 16:30, 17:30, 19:15
VOLTA | Praia da Cova – Belesar – Escairón: 13:00, 18:00
VOLTA | Praia da Cova – Arxeriz – Escairón: 12:00, 17:00, 19:45, 20:15, 20:45, 21:15

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTO ESTEVO DE RIBAS DE SIL (SEN RESERVA PREVIA)

De 11:00 a 14:30 e de 15:45 a 20:00 horas.
SAÍDAS do aparcamento cada 15 minutos.
DATAS: 8 e 9 de xullo e do 15 de xullo ao 30 de agosto.

LANZADEIRA MOSTEIRO DE SANTA CRISTINA DE RIBAS DE SIL

IDA (Parada de Sil – Mosteiro Santa Cristina): 10:30, 11:15, 12:00, 12:45, 15:30, 16:15, 17:00, 17:45, 18:30
VOLTA (Mosteiro Santa Cristina – Parada de Sil): 10:50, 11:35, 12:20, 13:30, 15:50, 16:35, 17:20, 18:05, 19:15

Artigos relacionados

Back to top button