ConcellosÚltima hora

Problemas cos carnés xoves emitidos no Concello do Barco nos últimos 2 anos

Para solventar a situación os mozos deberán pasar polo Concello para comprobar se o seu carné está correctamente rexistrado antes do 30 de decembro

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Barco vén de detectar irregularidades na tramitación do Carné Xove, “tras constatarse a existencia de problemas no rexistro da devandita documentación”, segundo informa o Concello do Barco.

Coa finalidade de solventar estas irregularidades, dende o Concello do Barco indícase que “os mozos que realizaran ou renovaran o Carné Xove durante os dous últimos anos (desde o 1 de novembro de 2015 ata a actualidade), deberán pasar polas instalacións municipais para comprobar se o seu carné está correctamente rexistrado nos arquivos de Xuventude, e proceder á posta en marcha de medidas correctoras, no caso de que non sexa así”.

Os interesados poderán informarse sobre esta cuestión chamando ao teléfono do Concello (988320202), ou acudindo persoalmente á terceira planta do edificio multiusos do Barco, onde tamén poderán ser informados respecto deste tema. O prazo para facer as comprobacións rematará o 30 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button