En portadaÚltima hora

A problemática da seca nas explotacións do oriente ourensán chega ao Parlamento galego

A deputada socialista por Ourense Noela Blanco preguntará ao goberno galego se ten previsto poñer en marcha medidas para axudar aos produtores agrogandeiros que están sufrindo graves perdas debido a esta situación

 

Ovellas en Viana do Bolo. Zona cero da seca.

As tres principais producións da zona de montaña do oriente ourensán (castaña, gandeiría e apicultura) víronse seriamente afectadas neste ano como consecuencia das xeadas e da forte seca. Ante esta situación e a demanda que veñen facendo dende hai meses estes produtores, mesmo a través de actos reivindicativos como tractoradas, a deputada socialista pola provincia de Ourense, Noela Blanco, formularalle no Parlamento galego ao goberno unha serie de cuestións no pleno previsto para mañá.

Así preguntaralle se ten previsto realizar “un estudo das perdas ocasionadas polos danos que as extremas condicións climatolóxicas deste ano ocasionaron no agro da provincia de Ourense, así como que medidas ten previsto poñer en marcha o goberno galego para paliar as perdas actuais e os danos a longo prazo ocasionados polas complicadas condicións meteorolóxicas sufridas neste ano nesa zona.

 

A deputada socialista por Ourense Noela Blanco, no exterior do Parlamento galego./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tamén preguntará se se contempla poñer en marcha axudas directas para os produtores de castaña afectados na provincia, así como para os apicultores e gandeiros. Outra das cuestións refírese a que medidas ten posto en marcha a Xunta durante este ano para loitar contra a seca na provincia de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button