ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Procesión da “Borriquilla”, con 8 pasos infantís, e bendición de ramos no Barco

 

Da igrexa da Santa Rita do Barco partía, pasadas ás 12h. deste Domingo de Ramos a procesión da “Borriquilla”. Antes, numerosas persoas entraban no templo cos seus ramos e palmas para achegarse á imaxe se Xesús representado sobre este animal, mentres soaba a música da agrupación ponferradina “A Paixón”.

 

 

Pouco despois, comezaban a saír da igrexa os oito pasos infantís que abrían unha concorrida procesión, seguidos da agrupación musical, e finalmente, da imaxe de Xesús montado na burriña. A procesión percorría o centro da vila (praza do Príncipe, rúa España, Marcelino Suárez, avenida da Estación, Eloi Rodríguez Barrios, rúa da Valorca) para regresar á igrexa de Santa Rita, onde se procedía á bendición de ramos e, posteriormente, á misa, oficiada polo párroco barquense, Jesús Álvarez.

Fotos e vídeos: A.R.

 

Cedida.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button