ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Procesión da Soidade na noite do Sábado Santo, no Barco

 

Con candeas das mans e seguindo a imaxe da Virxe en silencio, numerosas persoas participaban na Procesión da Soidade, unha das últimas da Semana Santa do Barco. Partía ás 22h. deste Sábado Santo dende a igrexa de San Mauro, para despois subir pola zona vella da vila, polas rúas Real e San Roque e logo pola avenida Manuel Quiroga para, finalmente, regresar ao punto de partida. Unha vez na igrexa, o párroco do Barco, Jesús Álvarez, comezaba a oficiar a Vixilia Pascual.

 

 

A procesión ao seu paso pola rúa San Roque do Barco./ Foto: Javier Brasa.

 

Foto: Javier Brasa.

 

Nesta procesión, como no resto das realizadas durante a Semana Santa, contábase co apoio da Policía Local do Barco para organizar o tráfico e velar pola seguridade.

Os cultos da Semana Santa do Barco concluirán mañá, Domingo de Pascua, coa saída ás 12h. da procesión da Resurrección de Señor, seguida da misa, na igrexa de Santa Rita.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button