A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Procesión de San Antón coas roscas casamenteiras en Fontei (A Rúa)

 

O barrio rues de Fonte vive neste 13 de xuño o día grande das Festas de San Antón.  Xa dende as 10h. a Charanga Nova Terra de Trives daba un pasarrúas para chamar á festa.

 

 

Despois, ás 12:30h. saía a procesión coa venerada imaxe de San Antón, representado co neno Xesús nos seus brazos, polas rúas de Fontei. Facía o percorrido de costume. Na comitiva relixiosa tampouco faltarán as tradicionais “roscas casamenteiras”, de gran tamaño, portadas polas mulleres.

 

 

A continuación dábase paso á misa solemne e, unha vez finalizada, as citadas roscas poñíanse á venda na praza, sendo bendicidas polo párroco.

 

 

Logo principiaba a sesión vermú, amenizada pola mesma charanga trivesa. Pola noite, veciños e visitantes poderán botar novamente un baile ao ritmo da orquestra Solara, que actuará na praza.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button