En portadaGalerías de fotosSen categorizarÚltima hora

Procesión de Santa Rita polas rúas do Barco

Despois dunha serie de misas ao longo da mañá, ás doce do mediodía do 22 de maio numerosas persoas con ramos de rosas agardaban no exterior da igrexa barquense de Santa Rita. Era un dos momentos máis significativos destas festas na vila barquense: a procesión coa imaxe desta santa. A comitiva relixiosa, á que acudían multitude de persoas, pasaba pola avenida Conde Fenosa, logo xiraba por Eulogio Fernández, ata chegar á rúa Santa Rita. Alí a procesión regresaba á igrexa parroquial, onde se celebraba a solemne.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button