En portadaÚltima horaVídeos

Procesión de Santiago no día grande das festas de Petín

 

Dende a fin de semana o ambiente de festa envolve a vila de Petín, que neste 25 de xullo está a vivir o seu día grande das festas de Santiago e Santa Aba. A xornada comezaba con música, cun pasarrúas a cargo dos Caliqueños. Despois, a partir das 12:30h. os veciños de Petín sacaban en procesión polas rúas da vila a imaxe de Santiago Apóstolo, nunha solemne procesión na que soaba novamente a música dos Caliqueños.

 

 

 

De volta ao templo, comezaba a misa oficiada por dous sacerdotes, un deles o párroco de Petín, e cantada polo coro parroquial. Tras a celebración relixiosa, dábase paso a unha animada sesión vermú na praza, cunha notable asistencia de público, que ateigaba as terrazas. Entre os asistentes había quen, ademais de festexar a Santiago celebraba o seu aniversario.

 

 

Pola tarde, o baile, tanto en sesión de tarde como na verbena, correrá por conta da orquestra Panamá que fará moverse ao seu ritmo aos veciños e visitantes na praza ata altas horas da madrugada. O programa festivo continuará mañá en Petín con actos como a procesión na honra de Santa Ana.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button