CarballedaConcellosÚltima hora

Procesión do Corpus Christi en Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Nesta fin de semana Casaio celebra as Festas do Corpus Christi, cun variado programa de actos relixiosos, pero tamén lúdicos e musicais, sendo este sábado, 1 de xuño, o día central. Ás 12:30h. tiña lugar a misa de Corpus seguida pola tradicional procesión sacramental, acompañada pola charanga Bembibrass.

 

 

Durante este percorrido, a veciñanza acompañaba ao Santísimo, que era portado polo párroco, Juan José Prieto, na custodia e protexido baixo palio. No seu decurso facíanse determinadas paradas nos altares que se sitúan no traxecto.

 

 

En horario de tarde, haberá incháeis gratuítos na praza e baile coa orquestra Panamá Band en sesión de tarde e verbena con remate a cargo da discomóbil Venus Diabao.

 

 

Mañá, domingo 2 de xuño, ás 12:30 horas haberá misa solemne, e pola tarde, a partir das 20:00 horas pase seguido co grupo Parentesis.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button