No mediodía deste 31 de marzo, Domingo de Pascua, a parroquia de Santo Estevo (A Rúa), despedía a Semana Santa coa Procesión do Resucitado, un dos momentos máis esperados polos devotos que tiña lugara baixo brillante sol que pouco se viu durante a chuviosa semana.
Pasadas as 12:15 horas a imaxe de Cristo resucitado saía da igrexa seguida polos homes. De contado saía a imaxe da Virxe coas mulleres detrás, xuntándose no adro. Aí mentres os homes mantiñan a imaxe de Cristo en alto, as mulleres cambiban o manto negro da Virxe polo dourado, para celebrar o encontro co seu fillo resucitado, ao tempo que dúas momzas lle recitaban uns poemas. Despois, todos xuntos regresaban cantando ao interior da igrexa para celebrar a misa de Resurrección.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver