ConcellosTrivesÚltima hora

Procesión e misa na honra a San Salvador, na localidade trivesa de Sobrado

 

A localidade trivesa de Sobrado está a vivir unha intensa fin de semana na que se celebran dúas importantes citas. Tanto onte coma hoxe a vila regresa ao medievo coa súa tradicional feira que inclúe un programa cargado de actividades; e hoxe ademais celebra a festa patronal na honra a San Salvador.

 

 

Así, no mediodía deste domingo 6 de agosto os veciños acompañaban ao sacerdote na procesión polas rúas do pobo. Con saída dende a igrexa románica de San Salvador, a comitiva facía parada nas capelas que existen na vila, ámbalas dúas de carácter privado, antes de regresar ao templo onde tiña lugar a eucaristía.

 

 

O acompañamento musical  dos cultos corría por conta dos Tristas de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button