ConcellosEn portadaEntroido 2023Última horaViana do Bolo

Procesión pola vila e deliciosas sardiñas e torrexas para pechar o Entroido en Viana do Bolo

 

O son dos fulións deixaba de escoitarse en Viana do Bolo no Mércores de Cinsa, coa impresionante e emocionante “gran fulionada” na noite do Martes de Entroido. Pero aínda quedaba o saboroso epílogo do Entroido vianés, que vén da man dos veciños do Cabo da Vila. Un ano máis, encargábanse de organizar o Enterro da Sardiña.

 

 

A celebración, que desta volta tiña como escenario O Toural, comezaba cos preparativos para asar as sardiñas e tamén coa elaboración, a cargo das mulleres, das deliciosas torrexas que se serven nesta cita. Á noitiña tiña lugar o “Enterro da Sardiña” propiamente dito. Unha procesión, encabezada por unha enorme sardiña, retaba á chuvia e percorría Viana para rematar no Toural.

 

 

Unha vez alí, facíase estoupar a Sardiña que remataba entre as chamas. Despedida de lume e tamén gastronómica para os numerosos vianeses que participaban nesta celebración coa que se pechaba definitivamente o ciclo do Entroido neste municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button