Malia que nun principio a idea era recuperan a praia fluvial do Barco de Valdeorras como escenario, a previsión de chuvia volvía obrigar a cambiar a ubicación da Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico de Galicia e Norte de Portugal que finalmente se instalaba baixo unha gran carpa, no Campo da Festa.
Alí abría as portas no mediodía deste sábado 7 de setembro da man do propio alcalde do Barco Alfredo García que daba as grazas aos produtores por asistir un ano máis e sobre todo por “defender o rural co voso traballo”, acompañado por Isabel Andrade da Comunidade Intermunicipal de Tras-os-Montes, que convidaba ao público a probar os produtos portugueses que traen e tamén “a visitar a nosa vila”.
Nesta edición a feira conta con 20 produtores gastronómicos de Galicia e Norte de Portugal que elaboran produtos de calidade e con garantía de orixe (de Vila Flor, Pontevedra, Mirandela, Bragança, Valdeorras, Manzaneda, Vilardevós, Cea, Miranda do Douro, Lugo, Viana, A Estrada, Ourense…); así como 2 artesáns galegos, ambos integrantes do colectivo Artesanía de Galicia, que realizan productos con madeira e torno de barro.
O horario é de once a dúas pola mañá e de cinco a nove pola tarde (sábado e domingo) con degustacións e venda ctividades complementarias para todos os públicos: obradoiros, cata de produtos e moita música. Hoxe ás 18 horas realizarase o obradoiro “A Voltas co Barro” coa artesana ‘Ceniza de Papel’ e mañá, “Casiñas para paxaros” cos artesáns de Artesanía Enxebre.
Por realizar compras na Feira de Produtos Tradicionais, os produtores darán aos seus clientes participacións para o sorteo dunha gran cesta con produtos da feira. O Sorteo terá lugar o domingo pola tarde, pouco antes do peche da feira. Este ano, como novidade, contarase cunha zona de degustación, e poderán adquirirse tapas entre os produtores da feira.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.