CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Profesores do IES Martaguisela do Barco secundan a folga convocada para hoxe

 

Unha gran cantidade de profesorado do IES Martaguisela secundou a folga convocada para o martes 24 de outubro por varios sindicatos: CIG, STEG, CUT e CSIF. A folga convócase como resposta ao acordo que presentou a Xunta de Galicia no que non se recuperaron os dereitos laborais do conxunto do profesorado roubados hai máis de 13 anos, na época da crise.

Tras uns poucos días de negociación a Consellería chegou a un acordo con CCOO, ANPE e UGT que recolle medidas para a “mellora estrutural do sistema educativo” pero que en realidade non recupera os dereitos laborais recortados dende hai anos ao ensino público galego e ao propio profesorado. É necesario sinalar que no resto de Comunidades Autónomas do estado moitos destes dereitos laborais xa foron recuperados nestes anos, mentres que Galicia é a única comunidade -xunto con Madrid- que non recuperou dereitos tan importantes como a diminución de horas lectivas.

Dende o profesorado do Martaguisela esiximos recuperar dereitos laborais que nos foron arrebatados para poder traballar e ensinar nunhas mellores condicións. Para iso precisamos: ratios de alumnado máis baixas, menos horas lectivas e menos burocracia. Deste xeito poderemos garantir unha atención máis individualizada e un ensino de mellor calidade para un alumnado diverso e con necesidades que cómpre e merecen ser atendidas de maneira individualizada. Abonda xa!

Texto e fotos cedido polos profesores en folga do IES Martaguisela.

 

Artigos relacionados

Back to top button