OurenseÚltima hora

Programa de Benestar en Balnearios para maiores da Xunta

Ofrécense estadías de dez días en réxime de pensión completa nun dos 15 establecementos participantes

 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, presentaba hoxe no Balneario Iberik Auga Santas de Pantón o programa de Benestar en Balnearios para persoas maiores. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde de convocatoria desta iniciativa, que ofertará preto de 640 prazas en establecementos de balnearios para os meses de novembro e decembro.

A Xunta de Galicia retoma este programa despois do parón provocada polo Covid-19 e destinará 136.000 euros, isto é, un 24% máis que o orzamentado na última convocatoria, en 2019. Ofrécense estadías de dez días en réxime de pensión completa en 15 establecementos de toda a comunidade.

A Administración autonómica desenvolve esta iniciativa, destinada a todos os maiores de 60 anos e tamén a aqueles que superen os 55 e sexan pensionistas, para mellorar a súa calidade de vida ao fomentar actitudes positivas cara o autocoidado da saúde e favorecer as relacións sociais. Por iso, a Xunta de Galicia aumenta a achega que realiza a cada participante, chegando a financiar ata o 43% do custo da praza.

15 establecementos

Ademais de impulsar a calidade de vida das persoas maiores, este programa pretende apostar polo sector dos balnearios que é punteiro na Comunidade. Todo aquel que queira solicitar a súa participación pode facelo desde este mesmo luns e ata o día 24. Preferentemente poderase realizar por sede electrónica da Xunta de Galicia, aínda que tamén é posible facelo de xeito presencial en calquera rexistro oficial Administración autonómica ou oficina de Correos.

Artigos relacionados

Back to top button