ConcellosÚltima hora

Prohíbense as queimas agrícolas e forestais de particulares polas condicións meteorolóxicas

Publicidade

 

Dende a Xunta de Galicia vén de anunciarse que “a partir deste momento quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia, quedando excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos. Isto implica que, dende xa, non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento”.

A decisión tomouse tras “avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa –Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control”, informa a Consellería da Xunta.

Artigos relacionados

Back to top button