ConcellosÚltima hora

Proseguen as actuacións de mellora no encoro das Conchas

Concluían as actuacións da CHMS nos Baños (Bande), pero están en execución as proxectadas en O Corgo (Muiños)
Visita do delegado do Goberno en Galicia e do presidente da CHMS, entre outras autoridades, ás obras do entorno das Conchas.
Visita do delegado do Goberno en Galicia e do presidente da CHMS, entre outras autoridades, ás obras do entorno das Conchas.

As actuacións de mellora programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) no encoro das Conchas (nos concellos de Bande e Muiños) están xa executadas nun 52% e suporán un investimento de 800.000 euros. O obxectivo deste proxecto é continuar con estes traballos, colaborando na posta en valor da zona e intentando paliar a problemática específica de cada un dos emprazamentos, con claros criterios ambientais e sendo moi respetuosos co valioso patrimonio ambiental no que se enmarcan.

“Con este proxecto tratamos de manter e promover as actividades ligadas ao ocio xuvenil e familiar que puideran verse perxudicadas polos episodios de contaminación do encoro, tratando de mellorar, valorizar e potenciar os importantes elementos naturais, arqueolóxicos e patrimoniais presentes na zona”, tal e como indica Francisco Marín, presidente da CHMS, na visita que realizaba á zona na mañá do 10 de marzo, acompañado do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, para comprobar a marcha dos traballos. Neste percorrido tamén estiveron os alcaldes de Muiños e Bande, Plácido Álvarez e José Antonio Armada, respectivamente; ademais do presidente da Deputación, Manuel Baltar, e do subdelegado del Gobierno en Ourense, Roberto Castro, entre outras autoridades.

Das actuacións previstas, xa están finalizadas as de Os Baños (Bande), se ben están en execución as proxectadas no Corgo (Muiños). Neste último caso trabállase na zona de baño ubicada na parcela municipal próxima ao camping e aos apartamentos turísticos, co fin de realizar actuacións que faciliten a continuidade das actividades de baño e ocio xuvenil e familiar que se desenvolvan no propio encoro.

Artigos relacionados

Back to top button