A RúaConcellosÚltima hora

Protección Civil da Rúa elimina un novo niño de velutina en Vilela

 

Ata a zona de Vilela, no Pacio, desprazábanse novamente neste verán os voluntarios da agrupación de Protección Civil da Rúa para prodecer á retirada doutro niño de Vespa velutina na pasada noite.

Estaba situado nunha casa, pero a unha altura considerable, o que obrigou aos voluntarios a usar unha longa escaleira para poder acceder a el e proceder a eliminalo.

No que vai de verán, Protección Civil da Rúa leva realizado xa diversas intervencións de retirada de niños en Vilela, pero tamén noutras partes do municipio como O Aguillón.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button