En menos de catro días os voluntarios de Protección Civil da Rúa eliminaban tres niños de vespas velutinas, varios activos.
O venres 16 de agosto polo serán eliminaban un na rúa Progreso. A noite anterior eliminaban e retiraban outro no Aguillón nun alpendre e achegábanse ata Somoza “pero non tiñan ninguna avespa velutina”, din.
E na xornada do luns 19 de agosto, trala chamada dunha veciña eliminaban e retiraban outro niño, nesta ocasión na rúa Ramona Ojea en Fontei.
Fotos: AVPC A Rúa.