ConcellosPetínÚltima hora

Protección Civil de Petín recibe un vehículo pick up

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, facía entrega esta mañá de 19 vehículos a outras tantas agrupacións de Protección Civil galegas no Obradoiro

 

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega esta mañá no Obradoiro de 19 vehículos tipo pick up a agrupacións de voluntarios de Protección Civil das catro provincias galegas, entre elas  a de Petín.

Alfonso Rueda indicou que esta esta achega forma parte da orde de axudas da Xunta do ano pasado, destinada a material para as Agrupacións de voluntarios de Protección Civil, cun importe de 1M€, pola que tamén se está facendo entrega de 26 tendas de campaña para emerxencias, 8 esparexedores de sal e 8 coitelas para a retirada de neve para as actuacións en concellos máis afectados polas nevaradas, 6 remolques de emerxencias e estes 19 vehículos tipo-pick para que os operarios de Protección Civil poidan moverse en todo tipo de terreos e así facilitar as actuacións que habitualmente realizan na axuda da veciñanza.

 

A alcaldesa de Petín, Raquel Bautista con voluntarios da APC do Concello.

 

Na provincia de A Coruña recibiron vehículo, os concellos de Boimorto, Camariñas e Dumbría. Na de Lugo, O Saviñao e O Vicedo; na de Ourense, Calvos de Randín, Entrimo, Gomesende, Petín, San Cristovo de Cea, Sandiás, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo. E na de Pontevedra, Catoira, Meis, Salceda de Caselas, Tui e Vila de Cruces.

O titular da Vicepresidencia primeira salientou que os voluntarios de Protección Civil son un piar fundamental na atención as emerxencias tanto nas tarefas de prevencións como en apoio ás intervencións sendo moitas veces os primeiros en chegar, de aí a importancia que poidan contar co equipamento necesario para velar pola seguridade dos cidadáns nas mellores condicións ofrecendo a mellor resposta ante calquera incidencia coa maior eficacia posible.

Artigos relacionados

Back to top button