ConcellosO BoloÚltima hora

Protección Civil do Bolo agradece o apoio dos voluntarios doutras agrupacións no Viacrucis das Ermitas

 

O Venres Santo numerosas persoas acudían ás Ermitas (O Bolo) para participar nun dos actos de referencia da súa Semana Santa: o Viacrucis. Para velar pola seguridade nesa xornada e tamén coordinar o tráfico na zona, Protección Civil do Bolo contaba coa colaboración de voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Manzaneda, O Barco, Petín, A Rúa, Viana do Bolo e de Trives.

“Rematamos o primeiro día dos nosos operativos da Semana Santa. Queremos agradecer a todas as agrupacións que colaboraron con nós o Venres Santo. Este ano foi unha procesión cardioprotexida con 3 DESAS repartidos por todo o percorrido”, indican dende Protección Civil do Bolo.

 

 

Ademais, dende esta agrupación sinalan que “cabe destacar que foron resoltas 5 incidencias sanitarias in situ debidas ao sol e calor reinante durante toda a xornada. Tamén é reseñable que por primeiro ano non se rexistrou ningunha incidencia relacionada co tráfico”.

Fotos: Protección Civil do Bolo.

 

Artigos relacionados

Back to top button