ConcellosÚltima hora

Publicado o DOG cos niveis de restricións nos concellos e as novas medidas sanitarias

Publicidade

 

Na tarde deste xoves 5 de agosto publicábase no Diario Oficial de Galicia as novas medidas sanitarias que entrarán en vigor a partir das 00:00 horas deste sábado 7 de agosto. Trátase da Orde de 5 de agosto de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde de 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do Covid-19 na Comunidade Autónoma de Galicia”, publicada no DOG núm. 149-bis.

Un documento no que se indica os niveles de restrición dos diferentes concellos. No caso da comarca de Valdeorras, o Barco pasará a nivel alto; A Rúa e Vilamartín mantéñense no medio e o resto no medio-baixo.

Na orde tamén se especifica a prorrogación ata as 00.00 horas do día 21 de agosto de 2021 a eficacia das medidas previstas na Orde do 25 de xuño de 2021. Así, no caso das celebracións e eventos en establecementos de restauración para os días 7 e 8 de agosto que xa estivesen concertados antes do día 6 de agosto, non serán aplicables as limitacións que sexan consecuencia da elevación do nivel de restrición –Concello da Rúa -, aínda que estas celebracións e eventos deberán ser comunicados polos titulares dos establecementos á correspondente xefatura territorial da Consellería de Sanidade para que se poidan adoptar as medidas ou efectuar as recomendacións pertinentes.

As medidas serán obxecto de seguimento e avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria, polo que poderán ser prorrogadas, modificadas ou levantadas por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade

A Orde pode consultarse aquí: MEDIDAS SANITARIAS 5AGOSTO2021

Artigos relacionados

Back to top button