CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Publícanse as notas de corte das universidades galegas

 

Dende a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUGA) vén de publicarse, cumprindo co calendario, o primeiro chamamento a matrícula para efectuar a matrícula nas titulacións de grao e dobres graos ofertadas nas tres universidades públicas galegas.

“No caso de seren convocadas/os a matrícula na titulación da súa primeira preferencia, o alumnado terá de prazo desde o mércores 12 ás 00:01 ata o venres 14 de xullo ás 23:59 para formalizar a matrícula. Unicamente poderán matricularse aquelas persoas que posúan cualificación igual ou superior á da última persoa convocada en cada titulación”, segundo a CiUG.

Tamén se informa de que “se a persoa solicitante aparece convocada nunha titulación que non sexa a de primeira preferencia poderá esperar a matricularse nela (en sucesivas convocatorias) en tanto non se peche a matrícula nas titulacións solicitadas con maior preferencia. Para isto, ten que reconfirmar na plataforma NERTA que desexa continuar na “Listaxe de Agarda”. Este proceso terá que facelo tantas veces como listaxes de persoas convocadas se publiquen. No caso de matricularse nunha titulación de inferior preferencia, decae dos seus dereitos de continuar no proceso de ingreso en titulacións con preferencia superior”.

As notas da última persoa convocada a matrícula nos distintos graos pode consultarse aquí

primeiro_prazo

 

 

Artigos relacionados

Back to top button