Deportes

Quedada solidaria de corredores para a investigación do Chagas

A carreira estárá dirixida polo atleta Chema Martínez e sairá o domingo da Praza Maior ás 20:20 horas
O atleta Chema Martínez chega a Ourense o domingo.
O atleta Chema Martínez chega a Ourense o domingo.

Ourense acollerá o vindeiro domingo 28 de agosto unha quedada solidaria de corredores dirixida polo atleta Chema Martínez. O obxectivo é recadar fondos para apoiar a investigación contra a enfermidade de Chagas. O Concello de Ourense, a través do departamento de Deportes, colabora nesta iniciativa organizada pola Fundación Mundo Sano.

O percorrido será de sete kilómetros e partirá da Praza Maior arredor das 20:20 horas. Despois seguirá pola rúa Barreira, Burgas, Praza de Abastos, Paseo do río Barbaña, cruzará o camiño Portocarreiro, o paseo Barbaña, a rúa Avilés de Taramancos, cruzará Pardo de Cela, o paseo do Miño en dirección a Oira, a pasarela de Oira, o camiño cara a praia de Oira -en dirección Ponte Romana-, a propia Ponte Romana, volta por Pardo de Cela e até a Praza Maior pola Praza de Abastos, a rúa Desengano e a avenida de Pontevedra.

Os interesados en participar deberán facelo a través da páxina web http://www.retochagas.com.

Artigos relacionados

Back to top button