Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Queixumes dos Pinos actúa en Finlandia

A agrupación folclórica ourensá vén de participar nun festival nas cidades de Lahti e Hollola

Dende Ourense ata Finlandia. A agrupación Queixumes dos Pinos de Ourense, vén de participar nun festival musical e folclórico nas cidades finlandesas de Lahti e Hollola, xunto a un grupo de Rusia ( San Petersburgo) e outro local, completando un circuíto de cinco concertos en centros culturais, pubs e residencias da terceira idade.

Muiñeiras, xotas, pasodobres e alboradas foron “acompañadas coas palmas polo público asistente ás actuaciones”, explican dende a agrupación ourensá, cuxos membros, ataviados co seu traxe de gala, chamaron a atención dos finlandeses “que quedaron fascinados co vestiario tradicional de Ourense”, engaden, ata o punto de que “responsables folclóricos de Finlandia, Turquía e Rusia presentes no festival puxéronse en contacto connosco para desenvolver proxectos similares en máis ocasións e en máis países”.

Nesta xira por Europa, Queixumes dos Pinos estivo acompañado pola artista ourensá Esmeralda Fernandez Dorado gañadora do concurso “Recantos” 2016 do Luar na TVG.

Artigos relacionados

Back to top button