EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Quereño quenta motores para o IV Viñotapeo, previsto para o 9 de xuño

Imaxe da pasada edición do Viñotapeo de Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

De festa, gastronomía e viños encheranse as rúas de Quereño (Rubiá) para acoller a cuarta edición do Viñotapeo. Esta singular celebración porase en macha o vindeiro 9 de xuño a partires das oito da tarde coa apertura das nove adegas participantes nesta edición.

Coa entrada, que poderá conseguirse no pobo, terá un custe de 8 euros. Con ela entregarase unha taza e un obsequio (xentiliza de Talleres Dupont) e con ela poderán visitarse cada unha das adegas, degustar os seus viños (brancos e tintos) e tamén os seus saborosos pinchos, diferentes en cada unha delas. O traxecto estará animado pola música dun grupo de gaiteiros.

Arredor das once da noite pecharanse as adegas, pero a festa seguirá na pista polideportiva, con café e bica, e, despois con karaoke e música ata a madrugada. O IV Viñotapeo será organizado pola Comisión de Festas de Quereño en colaboración cos veciños deste pobo.

Artigos relacionados

Back to top button