En portadaÚltima hora

Quereño (Rubiá) lograba frear novamente esta tarde a entrada do lume na localidade

O incendio forestal volvía reactivarse ameazando outra vez a esta poboación, situada no límite coa provincia de León

 

A veciñanza de Quereño (Rubiá) volvía vivir esta tarde unha situación desesperada de loita contra o lume para evitar que entrase nesta localidade, tras reactivarse o incendio forestal nesta zona. “Dende as 14:30h. ata ás 19h. isto realmente era un inferno, o lume chegou ata unha nave e ata a porta dalgunhas casas, veu tirando de Sobredo e entre as casas da Tejeda”, contan os veciños de Quereño, respirando xa arestora con certo alivio, logo dunha tarde con momentos de moita tensión e medo.

 

 

“O incedio logrouse controlar coa axuda da UME e das brigadas, unímonos todos os veciños co apoio da mocidade de Quereño, do Puente e de San Pedro, fixemos o que nos dicían as brigadas e conseguimos que non nos entrase o lume no pobo”, explican os veciños.

 

Zona do cemiterio de Quereño (Rubiá), tras o incendio desta tarde./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Imaxes cedidas do incendio en Quereño nesta tarde e na de onte.

Dende o Periódico O SIL agradecemos a cesión destas imaxes.

Vídeo:

https://youtube.com/shorts/KWQmjlQec4Q?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button